1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.
b) Número de expediente: 096/55.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do departamento número 11 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns-Mesoiro.
Prazo de execución: catro meses.
3. Forma de adxudicación: poxa.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 17.247.440 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 344.949 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1.
b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.
c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: (981) 18 42 19.
e) Fax: (981) 18 42 71.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
9. Apertura de ofertas.
a) Lugar: véxase punto 6.
b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido dos mesmos («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do departamento número 11 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns-Mesoiro».
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 3 de setembro de 1996.
P.D.
O alcalde
Rubricado
9606756