A Comisión Municipal de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 1 de agosto de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa dos Piñeiros na zona de Outeiro-Cudeiro, por instancia do Concello de Ourense.
Conforme dispón o artigo 117.3 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese o expediente a información pública na Casa do Concello durante o prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP e no da Comunidade Autónoma, onde
poderá ser examinado e presentarse as alegacións procedentes.
Ourense, 9 de agosto de 1996.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
6515