Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de setembro de 1996 de notificación de nova data de lanzamento da vivenda de Zoilo Basanta León. (Expediente C-90, conta 306).

Por esta cédula, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Zoilo Basanta León, adxudicatario da vivenda do expediente C-90, correspondente á conta

306 no grupo de vivendas de Santa Cristina (Palavea), bloque 10, portal 10-2º B da Coruña, que ante a imposibilidade de levar a cabo o lanzamento na data e hora inicialmente previstas, procederase a executalo o vindeiro día 27 de setembro ás 11 horas.

Para este acto comparecerán no seu domicilio José Ruiz Gómez ou Emilio Palacios Rivera, da empresa colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, Hnos. Alonso Garrán, S.L., debidamente autorizados con credencial asinada para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, co auxilio das forzas de seguridade, e en virtude da autorización xudicial concedida para a entrada en domicilio de particulares polo Xulgado de Instrucción nº cinco da Coruña.

Para poder paraliza-lo dito acto poderá facer efectiva a débeda pendente maila recarga establecida, en calquera momento anterior ó lanzamento.

Poderá así mesmo deixar voluntariamente a vivenda que ten adxudicada, facendo entrega das chaves na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6754