Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso para a concesión da explotación so servicio público da estación de autobuses de Cedeira (A Coruña), polo procedemento aberto-trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicataria.

Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

a) Organismo: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Cedeira ( A Coruña).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Ver prego.

5. Garantías.

Provisional: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

O regulamento de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

No Servicio Provincial de Transportes da Coruña.

Na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A ( 2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

d) Teléfono: (981) 54-45-94.

e) Telefax: (981) 54-43-51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás 14 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas adminsitrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 do regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A ( 2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema. «Proposición que presenta..........para optar ó concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Cedeira ( A Coruña)».

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

96-6758