Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 7/1996 que ten por obxecto a adquisición de material para recollida de mostras.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: 7/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material para recollida de mostras.

c) Lotes:

Lote 1: agulla tubo extracción.

Lote 2: adaptador agulla tubo extracción.

Lote 3: xiringa portatubos extracción sangue.

Lote 4: tubo coagulación 3 ml e tubo coagulación 4,5 ml.

Lote 5: tubo EDTA 3 ml e tubo EDTA 4,5 ml.

Lote 6: tubo soro 10 ml e tubo soro 3 ml.

Lote 7: tubo soro xel 5 ml e tubo soro xel 10 ml.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 91 do xoves 2 de maio de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 6.133.938 ptas. (seis millóns cento trinta e tres mil novecentas trinta e oito ptas. IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 1 de xullo de 1996.

b) Contratistas: Becton Dickinson, S.A., Camino de Valdeoliva, s/n, 28080 Madrid.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe total adxudicado: 6.133.938 ptas.

Ferrol, 1 de xullo de 1996.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

9606498