Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación dunha subministración de marcapasos e electrodos (C.P. 27/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de marcapasos e electrodos.

Orzamento: 31.905.000 pesetas, que representan o consumo estimado dos meses de setembro ata decembro do ano corrente; se ben este importe se subordinará ós consumos que realmente se produzan e se rateará en función do período de prestación que ó final se contrate.

Garantía provisional: 638.100 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente.

Prazo de entrega: realizaranse tres entregas parciais, a primeira ós 15 días naturais desde a fecha de adxudicación.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 70%.

2. Calidade dos materiais: 20%.

3. Calidade do servicio: 10%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos do Complexo Hospitalario (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 20 de agosto de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

6728