Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 4/1996, que ten por obxecto a adquisición de sondas volvoreta pulsiosímetro.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: 4/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b)Descrición do obxecto: adquisición sonda volvoreta pulsiosímetro.

c) Lotes:

Lote 1: sonda volvoreta pulsiosímetro adulto.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 86, do xoves 2 de maio de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 8.850.000 ptas. (Oito millóns oitocentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 1 de xullo de 1996.

b) Contratistas:

OHMEDA, S.A.

r/ Manuel Tovar, nº 26.

28034 Madrid.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe total adxudicado: 8.850.000 ptas.

Ferrol, 1 de xullo de 1996.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

9606497