Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público, para a contratación do servicio de cafetería da residencia-fogar da terceira idade de Burela. (Trámite de urxencia).

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público para a contratación do servicio de cafetería da residencia-fogar da terceira idade de Burela.

1. Precio mínimo de explotación: 75.000 ptas./ano.

2. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderán examinarse no Servicio de Axudas e Programas da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita en Doutor García Portela, nº 11 durante o prazo de presentación de proposicións desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles ágas sábados.

3. As proposicións económicas axustaranse ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, r/ Montevideo, nº 9, en sobres pechados, ou por correo, con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano da contratación mediante telegrama ou telefax.

5. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

6. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación o sexto día natural seguinte

ó do remate do prazo de presentación de proposicións nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, ás 12 horas, en acto público. Se coincidise este día en sábado ou festivo reunirase o primeiro hábil seguinte, á mesma hora.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 3 de setembro de 1996.

P.A. (Artigo 16.2, Decreto 198/1994, de 16-6-1994)

Julio Veloso Balboa

Secretario provincial

6493