Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Graña de Cabanela que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.5 existente da L.M.T. Cabanelas-Casetas rematando no C.T. que se proxecta en Graña de Cabanelas, concello de Forcarei.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 419 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 3.627.907 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 30 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9606578