Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 285/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobreiro que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T.S. 42.07 Balaídos-Sárdoma na súa derivación ó C.T. de Sobreiro, que se vai substituír, rematando no novo C.T. que se proxecta en Sobreiro, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 35 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., e 150 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 7.754.963 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 30 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9606574