Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. Segade-A Anllada coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. Caldas-Segade, rematando na Anllada no apoio de cambio aéreo-subterráneo existente, concellos de Caldas de Reis e Cuntis.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 10.464 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón.
Orzamento: 33.984.519 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este
as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 29 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9606577