Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (96/1996).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado, baixo o número 96/1996 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Bilbao Vizcaya, representado polo procurador García-Piccoli Atanes, contra Fernando Casal Pazo e Aurora Neira Varela, en reclamación do cdito hipotecario, e nas actuacións acordouse sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, os seguinte predios contra os que se procede:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Lugo, nº 45, o vindeiro día dezaoito de outubro do ano en que andamos, ás dez horas, baixo as seguinte condicións:

1. O tipo de remate é de 4.000.000 de ptas., e non se admitirán ofertas que non cubran a devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou no establecemento destinado para o efecto unha cantidade, igual polo menos, ó vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderase face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire o apartado 2 ou xuntado o xustificante de telo feito no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e a certificación rexistral están de manifesto na secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse para a súa extinción o prezo do remate.

No caso de quedar deserta a primeira poxa, celebrarase unha segunda o vindeiro día vinte de novembro ás dez horas, e no caso de quedar deserta esta, celebrarase unha terceira o vindeiro día vintetrés de decembro ás dez horas.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Edificación composta de planta baixa dunha extensión de sesenta e catro metros e vinte decímetros cadrados, e que linda norte, resto do soar; sur, rúa Xoán XXIII; leste, predio propiedade dos mesmos, e oeste, resto do soar. Esta edificación está construída sobre o seguinte predio: soar de cento cincuenta e seis metros e vinte decímetros cadrados. Linda: norte, Jesusa Rodríguez Dopico; sur, en liña de sete metros rúa Xoán XXIII; leste, predio propiedade dos mesmos, e oeste, Emilio Lodeiro Villamor.

Edificación construída en parte sobre o soar seguinte: de cento cincuenta e un metros e vinte decímetros cadrados. Linda: norte, Jesús Rodríguez Dopico; sur, en liña de oito metros coa rúa Xoán XXIII; leste, Mercedes Fuciños e oeste, predio descrito anteriormente. A edificación consta de planta baixa dunha extensión de cincuenta e seis metros cadrados. Linda: norte e leste, resto do soar; sur, rúa Xoán XXIII, e oeste, predio anterior.

Título: o de compra e declaración de obra nova realizada perante o notario Nelsón Rodicio Rodicio, como substituto legal da notaría de Melide, con data 5-11-1986, co número 457.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 145, libro 69, folio 59, 61, 59 volto e 61 respectivamente, predio rexistral 13.613 e 13.615 respectivamente.

Que se anuncie a poxa por edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado. Así como a súa publicación nos boletíns oficiais que corresponda.

Notifíqueselles esta dilixencia ós demandados no predio obxecto de hipoteca e no caso de non seren achados sirva o presente edicto de notificación en forma.

E para xeral coñecemento, expídese o presente edicto en Arzúa o dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

96-6705