Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.481

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 122, do 27 de xuño de 1995, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 5.069, no apartado A) do anexo III, no segundo parágrafo relativo ó 2º exercicio, onde di: «...textos legais ou comentados...», debe dicir: «textos legais non comentados...».

6704