Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.468

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DA SRA. VÁZQUEZ ESPIÉRREZ (MONDOÑEDO)

EDICTO de anuncio de poxa (1/1996).

Eu, Fatima Vázquez Espiérrez, notaria de Mondoñedo, con despacho na r/ Obispo Solis, n1º 24-2º, fago saber que perante min se tramita procedemento extraxudicial de execución hipotecaria, nº de expediente 1-1996, do seguinte predio:

No termo municipal de Riotorto, parroquia de San Pedro, unha parcela de terreo no lugar de Tombo de Cornide, da superficie de cinco áreas, de forma irregular. Linda: norte, herdeiros de Manuel Rias, sur, estrada de Mondoñedo e Vilameá, leste sendeiro de baixa de San Pedro, e oeste, herdeiros de Pedro Bouso. Na parte superior deste predio atópase unha casa que é de dous corpos, alto baixo e faiado que mide uns sesenta e cinco metros cadrados e que linda: polo leste co sendeiro que baixaba de San Pedro, e que ten anexa unha pequena corte e ó norte un forno igualmente pequeno para coce-lo pan.

E que procedendo a poxa do dito predio, esta levarase a cabo baixo as seguintes condicións:

1. Sinálanse a primeira poxa para o día 15 de outubro, ás 11 horas, a segunda, se é o caso apra o día 13 de novembro, ás 11 horas; e a terceira, dado o caso, para o día 12 de decembro ás 11 horas; e no caso de mellora da oferta da terceira poxa, sinálase para a licitación entre os mellorantes e mellores licitadores para o día 20 de decembro ás 11 horas.

2. Tódalas poxas celebraránse na notaría.

3. O tipo para a primeira poxa é de vinteún millóns trescentas trinta e cinco mil pesetas, para a primeira; para a segunda, o setenta e cinco por cento da cantidade indicada, a terceira farase sen suxeición a tipo.

4. A documentación e a certificación rexistral poden consultarse na notaría. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación. As cargas, gravames e asinamentos anteriores á hipoteca que se executa continuarán subsistentes.

5. Os licitadores deberán consignar previamente na notaría o trinta por cento do tipo correspondente, ou o vinte por cento do da segunda poxa para tomar parte na terceira.

6. Só a adxudicación a favor do executante ou o remate a favor do mesmo ou dun acreedor posterior poderá facerse en calidade de ceder a un terceiro.

En Mondoñedo, 30 de agosto de 1996.

Rubricado

6675