Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.468

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO HOSPITAL ASILO DE VILALBA

ANUNCIO de poxa de bens inmobles

Por resolución do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, autorízase o Padroado Hospital Asilo de Vilalba (Lugo), a realiza-la venda en pública poxa notarial de predios quedados á morte de Dolores López Cillero e de Pilar Celeiro Rodríguez, sitas no concello de Vilalba (Lugo), nas parroquias de Santaballa, Mourence e Belesar, baixo as seguintes condicións e advertencias:

1. Terán lugar no domicilio social do Padroado Hospital Asilo de Vilalba (Lugo), na citada vila, rúa Plácido Peña, 102, ás 5 da tarde do vindeiro día 22 de outubro.

2. A poxa celebrarase polo sistema de poxas abertas.

3. O tipo mínimo de licitación será un millón cincocentas sesenta e seis mil catrocentas setenta pesetas (1.566.470 ptas.).

Non se admitirá oferta inferior ó tipo fixado.

5. Para tomar parte na poxa precisarase que cada licitador poña á disposición da mesa, en efectivo ou mediante talón bancario debidamente conformado, unha cantidade equivalente ó 10% como mínimo da que sirva de tipo á poxa; o dito depósito devolverase ós licitadores unha vez rematada aquela, con excepción da do adxudicatario, que a perderá se no prazo de nove días non consigna no despacho do notario autorizante o resto do prezo do remate.

6. Unha vez consignado polo adxudicatario o resto do prezo de remate dentro dun prazo non superior a vinte días a partir da dita data, outorgarase a correspondente escritura pública de venda entre o rematante adxudicatario e o representante do Padroado Hospital Asilo de Vilalba.

7. Se a poxa quedase deserta por falta de licitadores ou por non haber ofertas suficientes non será obrigatorio sacar novamente a licitación os ditos inmobles. Neste caso servirá este prego de condicións excepto no económico.

En Vilalba (Lugo), 10 de setembro de 1996.

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273