Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do plan especial de mellora do medio de Marcosende (Zamáns).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 3 de xuño de 1996, o plan especial de mellora do medio do núcleo 19-01 Marcosende, da parroquia de San Mamede de Zamáns (3771/411), redactado polos arquitectos Santos Zas e Clavería Fontán por encargo e iniciativa do Concello de Vigo; sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 27 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6674