Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización do E.D. rúa Arquitecto Gómez Román.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 3 de xuño de 1996, o proxecto de urbanización do E.D. rúa Arquitecto Gómez Román (3972/401), formulado por Rosa María Siegel e redactado polo arquitecto Jaime Riera Nieves e polo enxeñeiro técnico industrial González Pérez Zunzunegui, con visados do COAG do 29 de febreiro e 16 de maio de 1996, e do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo do 2 de febreiro de 1996; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de edictos da Casa do Concello, con notificación ós interesados.

Coa aprobación definitiva do proxecto de urbanización os promotores da actuación deberán prestar fianza polo 100 por 100 do importe das obras de urbanización, que ascende á cantidade de 6.150.000 ptas. (IVE incluído).

A aprobación definitiva deste proxecto de urbanización queda condicionada á previa aprobación definitiva do estudio de detalle do ámbito (Expte. 3726/411). Xa que logo, unha vez aprobado o estudio de detalle e de non presentarse alegación ningunha ó proxecto de urbanización, este considerarase aprobado definitivamente, sen necesidade de acordo expreso para o efecto.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 24 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5844