Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas López Mora, Álvaro Cunqueiro, José Frau e a Avenida das Camelias.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 3 de xuño de 1996 o estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas López Mora, Álvaro Cunqueiro, José Frau e Avda. das Camelias (Expte. nº 3561/411), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e domolición a abranguida polo ámbito do estudio de detalle de referencia.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5815