Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a licitación para a contratación de consultoría e asistencia, polo sistema de procedemento aberto por concurso.

Obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, nos seguintes certames feirais.

-European Seafood Exposition, Bruxelas, Bélxica, do 15 ó 17 de abril de 1997.

-Worl Food Market Anuga, Colonia, Alemaña, do 11 ó 16 de outubro de 1997.

Prazo de execución: desde a asinamento do contrato ata as 48 horas seguintes á clausura do derradeiro certame.

Orzamento: corenta e oito millóns de pesetas (48.000.000 de ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa Sar, 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3 categoría B.

Fianza provisional: novecentas sesenta mil pesetas (960.000 ptas.).

Modelo de proposición económica: axustarase esctrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 16 de outubro de 1996.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil no que se cumpran dous días naturais, contados desde a data seguinte á fina

lización do prazo de presentación de ofertas. Se esta coincidise en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario que deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

6414