Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 14 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias LU-247/1996, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte o da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197-Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-247/1996.

Denunciado: Ángel Abascal Palazuelo.

DNI: 13.648.716.

Último enderezo coñecido: Avda. Santander s/n. Santander.

Feitos imputados: transporta-lo día 25 de xuño de 1996, no camión matrícula LE-9322-L e semirremolque matrícula S-01432-R, pola estrada C-546 km 45 do termo municipal de Bóveda, cincuenta e catro cabezas de gando porcino procedentes de Sarria e con destino ó matadoiro de Esfosa-Vic (Barcelona) cunha guía de orixe nº 0008778 que amparaba vintecinco cabezas e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria para vintenove cabezas.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 25.000.

Lugo, 14 de agosto de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6470