Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996, da Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Añá-Ledoira (Frades-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Santa María de Añá e San Martiño de Ledoira (Frades - A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 251/1989, do 2 de novembro (DOG nº 226 de 24 de novembro de 1989).

Primeiro.-Con data de 30 de xullo de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Santa María de Aña e San Martiño de Ledoira (Frades - A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Frades e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle-las notificacions que procedan, e, se é o caso, a persoa residente neste a quen teñan que facérlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non

se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 12 de agosto de 1996.

Rodolfo Rodríguez González

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

6429