Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 129-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa 2, A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aérea de 20 kV e 4 CC.TT. interiores de 250 kVA C/U.

Situación: parque empresarial de Somozas. Concello das Somozas.

Características técnicas: variación traza L.M.T. aérea a 15/20 kV As Somozas-Seixas (expediente 27256) nunha lonxitude de 613 metros ó seu paso polo parque empresarial de Somozas, en conductor LA-56. Do apoio número 1 da variante, parte un ramal de 172 metros de lonxitude que alimenta o C.T. A. Do apoio número 5 parte outro ramal que alimenta os CC.TT. BEC. No último apoio, a L.M.T. deriva ó C.T. D. Todos estes CC.TT. están alimentados por un paso aéreo-subterráneo en conductor R.H.V. de 3 (1x95 mm) en Al.

Catro CC.TT. tipo caseta prefabricada con trafos de 250 kVA C/U. Parque empresarial das Somozas. Concello das Somozas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6431