Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 128-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de auto

rización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2-A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a 20 kV, C.T. de 50 kVA e interconexión con R.B.T.

Situación: zona de Torre-Matelo, concello de Vedra.

Características técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV de 1.187 metros de lonxitude, en conductor tipo LA-56 con orixe na L.M.T. denominada San Fiz de Sales-Nande, e remate no C.T. que se vai construir, tipo aéreo, en Torre-Matelo de 50 kVA a 20 kV-B2. Concello de Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6448