Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación da subministración de equipamento médico para monitorización da unidade de reanimación (C.P. 34/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de equipamento médico: monitorización da unidade de reanimación.

Orzamento: 26.600.000 pesetas, nun único lote.

Garantía provisional: o órgano de contratación dispensa a súa constitución.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: un mes, desde a notificación da adxudicación ó contratista.

III. Admisión de variantes: ademais da oferta básica, admítense ata dúas variantes.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Prezo ofertado: 30 %.

2. Prestacións e utilidades do equipo, modo de funcionamento, especificacións técnicas e calidade: 30 %.

3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 30%.

4. Melloras sobre os mínimos obrigatorios de acordo cos pregos: 10%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Inversións do Complexo Hospitalario (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 26 de xullo de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente

6415