Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que anuncia o sometemento ó trámite de información pública, por solicitude da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación que se cita. (Expediente número 3978 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-L.M.T. ó centro de transformación de Vilagarbín, reelectrificación de Vilagarbín, Vilalba, autorizada e declarada de utilidade pública, en concreto, por resolución desta delegación do 10 de xuño de 1994.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 12 de agosto de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

L.M.T. ó C.T.I. de Vilagarbín (Torre-Vilalba) (Expte. 3978 A.T.)

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Pred. nºLugarParroquiaCultivoPropietario (Dn./Dª)DomicilioAfección (superficie m)

1Os FondasTorrePradoBenito Prado CastroRebordaos. 27813 Insua. Vilalba196 de voo
2Id.Id.Id.José María Seoane CacharrónRebordaos. 27813 Insua. Vilalba4.476 de voo e 0,98 dos apoios 1 e 2
2AId.Id.Id.Hros. de Angel García GoirizRebordaos. 27813 Insua. Vilalba144 de voo
3Id.Id.Id.Hros. de José DomínguezTorre. 27813 Insua. Vilalba700 de voo
4Id.Id.Id.Manuel Díaz NovoRebordaos. 27813 Insua. Vilalba728 de voo
5As RibeirasId.Id.José María Seoane CacharrónRebordaos. 27813 Insua. Vilalba392 de voo
6Id.Id.Id.José Carreira DíazRebordaos. 27813 Insua. Vilalba420 de voo e 0,49 do apoio nº 3
7Id.Id.Monte altoJosé Otero VázquezInsua. 27813 Insua. Vilalba840 de voo

L.M.T. ó C.T.I. de Vilagarbín (Torre-Vilalba) (Expte. 3978 A.T.)

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Pred. nºLugarParroquiaCultivoPropietario (Dn./Dª)DomicilioAfección (superficie m)

8Id.Id.PradoJosé María Seoane CacharrónRebordaos. 27813 Insua. Vilalba1.344 de voo e 0,49 do apoio nº 4
10As MolesId.Monte baixoJosé Otero VázquezInsua. 27813 Insua. Vilalba1.064 de voo
11Id.Id.PradoJosé María Seoane CacharrónRebordaos. 27813 Insua. Vilalba280 de voo e 0,49 do apoio nº 6
12Id.Id.Monte baixoJosé Otero VázquezInsua. 27813 Insua. Vilalba1.456 de voo e 0,605 do apoio nº 7
13Id.Id.Id.Marcial Díaz NovoRebordaos. 27813 Insua. Vilalba476 de voo e 0,605 do apoio nº 7
14Id.Id.Id.Hros. de José DomínguezTorre. 27813 Insua. Vilalba952 de voo

6444