Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 5-1/1996).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV de 2.452 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. existente Casas de Minas-Amarelle, e remate no C.T. aéreo de 100 kVA, que se vai construír en Boaña. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Declarar de utilidade pública a devandita instalación, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6446