Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. interior en urbanización Arrigada.

Situación: Cambre.

Características técnicas: línea eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 200 m de lonxitude con orixe en liña nomeada Sigras-Cambre (expediente 26622) e remate en C.T. que se vai instalar denominada Urbanización Arrigada.

Centro de transformación, tipo interior, en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en urbanización Arrigada, con celas de protección de liña e de trafo en SF6. Concello de Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de agosto de 1996.

Manuel Estávez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6310