Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.421

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (36/1995).

Pedro Afonso Rodríguez, oficial do Xulgado de Muros e o seu partido xudicial, en funcións de secretario, fai saber que no xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 36/1995, se dictou sentencia que ten o encabezamento e resolución do seguinte teor:

«En Muros, 9 de xullo de 1996.

Vistos por M. Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas tramitados co número 36/1995, por presunta falta de furto, e no que foron partes, o Ministerio Fiscal, que exercitou a acción pública; como denunciante prexudicada, Sandra Castaño González, maior de idade, veciña de Noia, con domicilio na praza do Topal, 1-1 Esqda., quen non compareceu no acto do xuízo a pesar de estar citada en legal forma; como denunciado, Ricardo Fabeiro Roma, maior de idade, en ignorado paradoiro, que non compareceu ó acto do xuízo a pesar de consta-la súa citación en forma; dictouse a seguinte sentencia en nome de S.M El Rei:

Resolvo que debo absolver e absolvo a Ricardo Fabeiro Roma de responsabilidade criminal polos feitos obxecto destas actuacións, e declaro de oficio as custas procesuais.

Que se lles notifique esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña nos cinco días seguintes contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación a Ricardo Fabeiro Roma, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o dezanove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5711