Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.421

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRINTA E TRES DE MADRID

EDICTO (246/1996).

Ángel Galgo Peco, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número trinta e tres de Madrid, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo declarativo de menor contía baixo o número 246/1996, seguidos por instancia de Ángel Barajas Zamorano, Fernando del Pozo Benito, Fernando del Pozo García, Eugenio Torrecilla Cabañas, contra os demandados abaixo referenciados, sobre declaración de pleno dominio e propiedade de predios urbanos, nos que se dictou a seguinte resolución:

Providencia do maxistrado-xuíz Galgo Peco.

En Madrid o 30 de maio de 1996.

Dado por presentado o anterior escrito polo procurador arriba mencionado, actuando en nome e representación da parte demandante, únase ós autos da súa razón. Tense por cumprido o requirimento efectuado por providencia do 8 de maio de 1996, e admítese a demanda, na representación expresada, entendéndose dirixida a dita demanda contra:

A) Os herdeiros descoñecidos respecto da núa propiedade de ámbolos predios (rúa La Palma, nº16 e Valverde nº 26 de Madrid), de Antonio López Vázquez.

B) Os titulares rexistrais dos ditos predios a favor dos cales aparecen inscritos conforme o certificado do Rexistro da Propiedade número 27 de Madrid, presentado xunto coa demanda como documento número 3, excepto contra os demandantes na porción en que tamén aparecen como titulares, é dicir, contra:

1º. Jesús Díaz López e herdeiros.

2º. María Estrella, María del Carmen e Antonio López e herdeiros.

3º. María e Carmen Díaz López e herdeiros.

4º. Jesús López Dorado e María Díaz Cabañas e herdeiros.

5º. Julián, Germán, Ginés e María del Carmen Regueiro López e herdeiros.

6º. Rogelio e Jesús Pérez Regueiro e herdeiros.

C) E contra calquera outra persoa que puidese ter interese sobre o pleno dominio (núa propiedade e usufructo) dos dous predios: nº 16 da rúa de La Palma e nº 26 da rúa Valverde de Madrid.

Sobre declaración de pleno dominio e propiedade de predios urbanos, a que se substanciará polas normas establecidas na Lei de axuizamento civil para o xuízo ordinario declarativo de menor contía: para o emprazamento dos demandados, expídanse os edictos solicitados polo procurador, no seu escrito do 14 de maio de 1996, que se lle entregarán ó dito procurador para que coide do seu dilixenciamento.

Así o manda e asina SSª, do que dou fe.

Perante min.

E para súa publicación expídese o presente edicto en Madrid o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5710