Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.420

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, postos de traballo vacantes que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1.992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultaren seleccionados para ocuparen os postos de traballo funcionarios con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e nas demáis disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario.

O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación

do posto

Código do postoDependenciaLocalidadeGrupoNivelComplemento

específico

Corpo ou escalaTitulación académicaFormación específica

Xefe Servicio

Inspección Técnica

Educativa

ED.C99.10.000.27001.066Delegación

Provincial

LugoA/B281.376.844Xeral/DocenteTitulado superior3 anos de experiencia en función inspectora na provincia
Xefe de Servicio de

Programación e

Contratación

ED.C99.90.000.36001.153Delegación

Provincial

PontevedraA/B281.376.844Xeral
Xefe de Servicio de

Contratación e

Equipamento

ED.C02.00.003.15770.003Secretaría

Xeral

Santiago

de Compostela

A/B281.639.104XeralTitulado superior

ANEXO II

Úsese o publicado na páxina 8.419

5672