Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.418

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 5 de setembro de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda.

De conformidade co establecido no artigo 27.2 a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1993, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a, para ocupa-lo posto de traballo relacionado no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste senso de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación desta.

Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO I

Código do posto: EFC070000015770001

Denominación do posto: secretaria/o do director xeral.

Nivel: 18

C. específico: 524.508

Tipo posto: N

Grupo: C/D

Corpo/escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.

Localidade: Santiago de Compostela.

Requisitos/formación específica: mecanografía.

6657