Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10

de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e currículo segundo o modelo anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.- Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen supera-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso, unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Quinta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a realización efectiva destes está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Sexta.-Probas e certificados.

Valorarase a participación dos alumnos ó longo do curso. A EGAP poderá fixa-las probas que estime pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos e, se é o caso, e de conformidade co director do curso, requirir un traballo práctico, que habería de ser presentado ó final do curso.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

CURSO: ADESTRAMENTO EN HABILIDADES SOCIAIS (3 CURSOS)

1. Obxectivos.

Coñecer e profundar en habilidades sociais.

2. Destinatarios.

Educadores dos centros propios de menores.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

En caso de cubrirse tódalas prazas, teríase en conta a antigüidade na Administración como criterio de ordeNamento preferencial.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas (20 prácticas e 20 teóricas).

3.2. Lugares e datas: Na EGAP, exceptuando o día 3 de outubro que será no Salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia; 1º curso: 3 e 4 de outubro; 2º curso: 7 e 8 de novembro; 3º curso: 28 e 29 de novembro.

3.3. Horarios: de 9 a 13 horas e de 15 a 19 horas.

3.4. Prazas: 20 por curso.

3.5. Prazo de presentación de instancias: rematará o 25 de setembro de 1996.

4. Contido básico.

-A relación interpersoal.

-Habilidades non verbais.

-¿Cómo chegar a acordos?

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CURSO: ANÁLISE E AVALIACIÓN INSTITUCIONAL EN CENTROS RESIDENCIAIS PARA MENORES (1 CURSO)

1. Obxectivos.

Favorece-la relación a nivel institucional. Analiza-los problemas, toma de decisións de abordaxe e resolución de conflictos, asesoramento e condicións de resolución.

2. Destinatarios.

Persoal técnico das delegacións e servicios centrais da Dirección Xeral de Familia.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

En caso de cubrise tódalas prazas, teríase en conta a antigüidade na Administración como criterio de ordeamento preferencial.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, 23, 24 e 25 de outubro de 1996.

3.3. Horarios: de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

3.4. Prazas: 40.

3.5. Prazo de presentación de instancias: rematará o 25 de setembro de 1996.

4. Contido básico.

-¿Como aparecen e evolucionan as institucións?.

-Tecnoloxías de diagnóstico.

-Modelos organizativos.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CURSO: EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE LIBERDADE VIXIADA E SERVICIOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE (1 CURSO)

1. Obxectivos.

Metodoloxía e procedementos de execución de medidas de liberdade vixiada e servicios en beneficio da comunidade.

Unificar e coordinar criterios de intervención.

2. Destinatarios.

Persoal educativo adscrito ós equipos de medio aberto.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Pertencer ó colectivo de seleccionados.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 12 horas (8 prácticas e 4 teóricas).

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, 17 e 18 de outubro.

3.3. Horarios: de 9 a 13 horas e de 15 a 19 horas.

3.4. Prazas: 15.

3.5. Prazo de presentación de instancias: rematará o 25 de setembro de 1996.

4. Contido básico.

-Introducción: medidas alternativas ó internamento ou en medio aberto.

-Estándares de aplicación.

-Liberdade vixiada: avaliación, programación, execución e seguimento.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta Resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa

documentación xustificativa dos méritos alegados, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CURSO: PSICOMOTRICIDADE NA EDUCACIÓN INFANTIL (4 CURSOS)

1. Obxectivos.

Profundar nalgúns aspectos claves da construccción do esquema corporal.

Coñece-los procesos que deben seguirse nunha metodoloxía apoiada no xogo psicomotor.

2. Destinatarios.

Oferta interna ó persoal de atención directa a nenos (directores/as, puericultores/as) das garderías infantís da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal fixo.

No caso de cubrirse tódalas prazas, teríase en conta a antigüidade na Administración como criterio de ordenamento preferencial.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas (10 prácticas e 10 teóricas).

3.2. Lugares e datas: na EGAP, exceptuando os días 3 e 24 de outubro que será na gardería de Vite; 1º curso: 3, 4 e 5 de outubro; 2º curso: 17, 18 e 19 de outubro; 3º curso, 24, 25 e 26 de outubro; 4º curso, 14, 15 e 16 de novembro.

3.3. Horarios: en sesións de mañá e tarde.

3.4. Prazas: 25 por curso.

3.5. Prazo de presentación de instancias: rematará o 25 de setembro.

4. Contido básico.

-Programación dunha unidade de acordo os diferentes niveis evolutivos.

-Importancia dunha secuenciación adecuada na utilización dos materiais.

6596