Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996 pola que se convocan unhas xornadas galaico-portuguesas sobre o recrutamento do persoal ó servicio das administracións públicas.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unhas xornadas galaico-portuguesas sobre o recrutamento do persoal ó servicio das administracións públicas, conforme ás seguintes bases:

1. Obxecto.

Os días 8 e 9 de outubro de 1996 desenvolveranse, no salón de actos da Escola Galega de Administración pública, unhas xornadas galaico-portuguesas sobre o recrutamento do persoal ó servicio das administracións públicas.

2. Obxectivos.

As xornadas teñen por finalidade reflexionar sobre a situación na que se atopan os procedementos de selección e recrutamento de persoal nas distintas administracións de España e Portugal, facer un estudio comparado de ámbalas dúas experiencias e tentar atopar novas fórmulas que permitan supli-las carencias que os sistemas actuais padecen.

3. Contido.

Entre outros, desenvolveranse os seguintes temas:

-Os recursos humanos e a modernización da Administración pública portuguesa.

-O réxime xurídico do recrutamento e selección do persoal na Administración pública portuguesa.

-As novas tendencias nos procedementos de selección do persoal público.

-O autogoberno local en España: o recrutamento do seu persoal.

-O persoal ó servicio das comunidades autónomas. Especial referencia a Galicia.

-A selección e formación do persoal da Administración pública.

-Achegamento á función pública doutros países do contorno: Francia-Gran Bretaña-Alemaña-Italia-Estados Unidos.

4. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

5. Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o martes, día 8 de outubro, ás 10 horas, e rematarán, o mércores, día 9 do citado mes, ás 13.30 horas.

6. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 3 de outubro de 1996.

-Lugar de presentación: no Rexistro xeral da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela). Tfno.: 57 08 00. Telefax nº: 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 4 de outubro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono de 11.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos, que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 48 horas

despois de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas documento no que se exprese a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

6634