Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

BASES para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, de dúas prazas de garda da policía local.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria é a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de dúas prazas de garda da policía local, incluídas na oferta de emprego público correspondente ó ano 1996, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, lase policía local e os seus auxiliares, dotadas coas retribucións establecidas para o grupo D, de conformidade co establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto; Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño; Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de marzo de 1991; Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia, sobre criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros das policías locais.

2. Requisitos dos aspirantes.

Para poder tomar parte no proceso selectivo deberase reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos e non supera-los 30.

c)Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou titulación equivalente.

d) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

e) Estar en posesión dos permisos de conducir de clase A-1, A-2, B-1 e B-2.

f) Posuír unha estatura mínima de 1,70 metros para os homes, e 1,65 metros as mulleres.

g) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

Todos estes requisitos deberán ser referidos á data na que se remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar na presente convocatoria deberán presentar instancia dirixida ó alcalde-presidente do Concello de Sarria, na que o aspirante solicitará á súa admisión nas probas de selección e fará constar que reúne todos e cada un dos requisitos sinalados na base segunda.

A instancia acompañaráselle o certificado médico, a carga de pagamento acreditativa do aboamento dos dereitos de exame e a declaración xurada á que fai mención o apartado g) da base anterior.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

4. Forma e lugar de presentación.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 14 horas, ou ben por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será de 2.000 ptas, e poderán ser satisfeitos directamente na Tesourería Municipal ou mediante xiro postal.

6. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo para presentación de solicitudes, os aspirantes serán convocados para efectuar un recoñecemento médico e estatura; o que non se presentase a este será excluído, así como os que non acaden a estatura mínima esixida ou os que non sexán declarados aptos de acordo co cadro de exclusións médicas do anexo III.

Efectuado o anterior, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobe a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións, as cales, se as houber, serán resoltas polo mesmo órgano que aprobou a lista provisional. A lista definitiva publicarase na forma indicada. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal e o lugar, data e hora de comezo dos exercicios, así como a orde de actuación dos opositores naquelas probas que non poidan realizarse conxuntamente.

O tribunal acordará a data, hora e lugar na que se efectuará o sorteo que determine a orde de actuación dos opositores naquelas probas que non poidan realizarse simultaneamente.

7. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador terá a seguinte composición:

Presidente: o da corporación ou membro desta en que delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

Un funcionario de carreira designado polo presidente da corporación.

Un representante dos sindicatos máis representativos no concello.

O secretario da corporación, quen así mesmo actuará como secretario do tribunal.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.

Para cada un dos membros do tribunal designarase un suplente.

O nomeamento das persoas que deben integra-lo tribunal cualificador realizarase por resolución da alcaldía, á vista das propostas formuladas polos organismos correspondentes.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándolle ó alcalde, cando concorra algunha das causas previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal poderá reclama-la axuda doutras persoas, funcionarios ou non, co obxecto de que estas presten asesoramento sobre a valoración das probas que se van realizar, aboándoselle-las indemnizacións que correspondan.

8. Procedemento de selección.

Primeiro exercicio.-Proba psicotécnica.

Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio e estará dirixido a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial que hai que desempeñar. A duración desta proba será determinada polo tribunal e cualificarase como apto/non apto.

Os aspirantes que sexan declarados non aptos polo tribunal quedará eliminados do procedemento selectivo.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización das seguintes probas físicas, todas elas eliminatorias:

a) Carreira de velocidade: consistira en percorre-la distancia de 50 metros, puntuándose o tempo realizado seguindo o baremo recollido no anexo II, quedando eliminados os aspirantes que non o realicen no tempo máximo establecido.

b) Carreira de fondo: consistirá en percorre-la distancia de 1.000 metros, puntuándose o tempo realizado segundo o baremo recollido no anexo II, quedando eliminados os aspirantes que non o realicen no tempo máximo establecido.

c) Salto vertical: o aspirante, co brazo dereito extendido e os pés xuntos, realizará una marca na parede, posteriormente e cun impulso realizará outra marca, medíndose para a puntuación a distancia entre ámbalas dúas, segundo o baremo establecido no anexo II. Cada aspirante realizará dous intentos e puntuarase a mellor marca obtida.

d) Lanzamento de balón medicinal: o aspirante, colocado detrás dunha liña e cos pés xuntos, lanzará por enriba da cabeza, sen desprazamento do corpo, un balón medicinal de 5 quilos para homes e 3 para mulleres, puntuándose o lanzamento segundo o baremo que figura no anexo II. Cada aspirante poderá realizar dous intentos, putuándose a mellor marca obtida.

e) Proba de abdominais: deitado no chan coas duas pernas semi-dobradas e os pés suxeitos no terceiro banzo da espaldeira, o examinado levantarase do tronco e coas mans tocará o quinto banzo da espaldeira, volvendo á posición inicial e repetindo o ciclo tantas veces como lle sexa posible, durante un minuto, puntuándose segundo o cadro recollido no anexo II.

f) Rubida de corda: consistirá en rubir por unha corda sen impulso e a pulso, ou sexa, sen axuda dos pés, ata unha altura de 5 metros en homes e 4,5 metros en mulleres. A cualificación desta proba será de apto ou non apto.

g) Forza flexora: desde a posición de suspensión pura, coas palmas á fronte, total extensión de brazos, realizaranse flexións asomando ó queixo por riba da barra e estendendo totalmente os brazos sen que se permita o balanceo do corpo ou axudarse con movementos de pernas, puntuándose segundo o baremo do anexo II.

h) Proba de natación: consistira en percorrer a nado a distancia de 50 metros, estilo libre, sen interrupción no percorrido. A calificación desta proba será de apto ou non apto.

Tódolos aspirantes realizarán obrigatoriamente tódalas probas, debendo obter puntuación igual ou superior á mínima esixida en cada unha para poderen pasar á seguinte. A puntuación mínima coincidirá coa puntuación de 5 do anexo II.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio para os aspirantes que superaran o anterior. Consistirá na realización das seguintes probas:

a) Resolver dous problemas aritméticos, presentandos -o nivel da titulación esixida nesta convocatoria polo tribunal inmediatamente antes da celebración da proba.

A duración máxima desta proba será de 30 minutos.

b) Escribir ó dictado un texto seleccionado ou redactado polo tribunal. O tempo máximo desta proba será de 20 minutos.

c) Redactar un parte de denuncia ou de atestado sobre un ou máis supostos presentados polo tribunal. O tempo máximo desta proba será de 45 minutos.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes que superasen o anterior. Consistirá na realización das seguintes probas:

a) Desenvolver, por escrito, e nun tempo máximo de hora e media, dous temas elixidos ó chou polo tribunal, un da parte xeral e outro da parte especial, de entre os que figuran no anexo I ás bases da presente convocatoria.

b) Contestar a un cuestionario de 25 preguntas con respostas alternativas preparado polo tribunal do contido que figura no anexo I da convocatoria, e nun tempo máximo de 30 minutos.

Quinto exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio para os opositores que superasen o anterior. Consistirá na traducción ó idioma castelán dun texto redactado en galego, e traducción a este idioma dun texto redactado en castelán.

O tribunal poderá requirir, en calquera momento, os aspirantes para que acrediten a súa identidade, polo que deberán acudir a tódolos exercicios provistos do documento nacional de identidade.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior, invocados ante o tribunal con anterioridade

á celebración do exercicio de que se trate, e debidamente xustificados e apreciados con absoluta liberdade de criterio polo tribunal. A non presentación dun opositor a calquera dos exercicios no momento de ser chamado, determinará a súa exclusión automática do procedemento selectivo.

9. Cualificación dos exercicios.

Os exercicios serán eliminatorios e cualificaranse de 0 a 10 puntos. Serán eliminados, se é o caso, os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en calquera dos ditos exercicios.

10. Relación de aprobados.

Finalizada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde de puntuación. Dado que en ningún caso o númro de aspirantes aprobados pode supera-lo número de prazas convocadas, a relación definitiva de aprobados confeccionarase cos aspirantes que superaran tódolos exercicios, e obteñan a maior puntuación na suma de todos eles.

O tribunal elevará a citada relación ó presidente da corporación, ó que lle compete o nomeamento correspondente.

11. Presentación de documentos.

11.1. Os aspirantes aprobados presentarán na oficina de rexistro do concello os documentos que se relacionan, acreditativos de que reúnen as condicións de capacidade e os requisitos esixidos na convocatoria:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade que deberá presentarse acompañado do orixinal, para a súa compulsa.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa), do título de graduado escolar, título superior ou equivalente do que estea en posesión o aspirante. No suposto de que se alegue estar en posesión dun título equivalente ó do graduado escolar, deberá acompañarse certificación do órgano competente, acreditativa da equivalencia alegada.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións. O dito certificado deberá ser expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas, ou das entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

e) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa) do permiso de conducir das clases A1, A2, B1 e B2.

f) Certificado de antecedentes penais.

11.2. Os que tivesen a condicións de funcionarios públicos estarán exentos de xustificaren as con

dicións e requisitos xa acreditados para obteren o seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación do ministerio ou organismo de que dependan, acreditativa da súa condición de funcionario, e das demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

11.3. O prazo de presentación dos anteriores documentos será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da relación de aprobados no taboleiro de anuncios do concello.

11.4. Os que dentro de prazo indicado, e salvo casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida, non poderán ser nomeados, quedando anualdas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer por falsidade na instancia.

12. Nomeamento e toma de posesión.

O alcalde-presidente do Concello de Sarria nomeará funcionario en prácticas ós aspirantes que, incluídos na relación de aprobados, presentasen a documentación esixida.

13. Curso de formación.

Os opositores que sexan nomeados funcionarios en prácticas debrán superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que non superen o curso de formación, poderán incorporarse ó inmediatamente posterior, e, de non superalo, perderán tódolos seus dereitos ó nomeamento de funcionario de carreira. Quen supere o curso selectivo será nomeado definitivamente funcionario de carreira.

Durante o período de prácticas terán dereito ás retribucións establecidas no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro.

ANEXO I

Temario do cuarto exercicio

Tema 1. A Constitución española de 1978: significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As atribucións de El-Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

Tema 4. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 5. A organización da Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. A organización ministerial. O presidente do Goberno. Os ministros.

Tema 6. A constitución das comunidades autónomas: competencias. Estatuto de autonomía: pro

cedemento de elaboración, contido e valor normativo. O sistema institucional das comunidades autónomas.

Tema 7. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

Tema 8. A Xunta de Galicia e o seu presidente, Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 9. O concello. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 10. Organización e competencias municipais.

Tema 11. O persoal ó servicio das entidades locais: concepto de funcionario. Clasificación. Persoal eventual e persoal laboral.

Tema 12. Dereito procesual penal. Concepto. A Lei de axuizamento criminal. O atestado policial. A detención. O depósito de detidos. A asistencia letrada ó detido. O habeas corpus.

Tema 13. O delicto e a falta. Diferencias obxectivas e procesuais. Circunstancias modificativas. Especial referencia ás circunstancias eximentes, atenuantes e agravantes. A lexítima defensa. Cumprimento do deber e obediencia debida. Abuso de superioridade.

Tema 14. Delictos contra as persoas. Delictos contra a honestidade. Delictos contra a liberdade e a seguridade. Delictos contra a propieade. Especial consideración da detención ilegal. A entrada a rexistro en lugares pechados.

Tema 15. Delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos. Especial referencia ós delictos de prevaricación e suborno. Desobediencia e denegación de auxilio. Responsabilidade obxectiva.

Tema 16. O poder xudicial. Manifestación de xurisdicción. Órganos xurisdiccionais. Competencias.

Parte especial

Tema 17. Funcionamento. Uniformidade. Dereitos e deberes dos policías locais. Réxime disciplinario.

Tema 18. A Les orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade do Estado. Disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. A policía local. Funcións. Especial referencia á protección civil. As xuntas locais de seguridade.

Tema 19. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura. Organización e actuacións das policías localis. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.

Tema 20. A Lei 1/1992, sobre protección da seguridade cidadá. Acción preventiva e vixilancia. Seguridade cidadá. Réxime de sancións.

Tema 21. Normativa en materia de espectáculos e establecementos públicos. Referencia ós aspectos de interese policial contidos no vixente Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tema 22. Manifestacións, reunións e concentracións. Normativa legal e estratexia policial para a defensa do exercicio destas liberdades.

Tema 23. Principios básicos de actuación policial. Especial referencia ó uso da arma de fogo pola policía. Regulamento de armas. Aplicación ás policías locais.

Tema 24. Delictos de tráfico de drogas. Tipo básico. Tentativa e frustración. Autoría e complicidade.

Tema 25. O tráfico: a súa ordenación legal. A Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

Tema 26. A infracción, sanción e medidas preventivas. Procedemento sancionador. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada do permiso de circulación.

Tema 27. Delictos contra a seguridade do tráfico. Alcoholemia: concepto. Taxas de alcoholemia. Efectos Alcolímetros: descrición xeral e forma de actuar. Obriga de someterse a proba.

Tema 28. Actuación en accidente de tráfico. Rescate de ocupantes. Transporte de feridos. Control de tráfico e das multitudes. O atestado.

Tema 29. Documentación de vehículos. Permisos de circulación. Tarxetas de inspección técnica. Autorización de vehículos destinados a transporte escolar. Tarxetas de transporte. Seguro obrigatorio.

Tema 30. Permisos de conducción. Concepto e clases. Requisitos para a súa obtención. Revisión. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 31. Organismos oficiais que interveñan en materia de circulación. Policía e circulación. Facultades dos alcaldes en materia de circulación.

Tema 32. Os regulamentos e ordenanzas locais. Procedemento de elaboración e aprobación.

ANEXO II

HomesMulleresPuntos

a) Carreira de velocidade
6"67"610
6"77"79
6"87"88
6"97"97
7"08"06
7"28"25

b) Carreira de fondo
2'50"3'50"10
2'55"3'55"9
3'00"4'00"8
3'05"4'05"7
3'15"4'15"6
3'20"4'20"5

HomesMulleresPuntos

c) Salto vertical
60 cm50 cm10
58 cm49 cm9
55 cm45 cm8
53 cm43 cm7
50 cm40 cm6
47 cm37 cm5

d) Lanzamento debalón medicinal
770 cm670 cm10
740 cm640 cm9
720 cm620 cm8
695 cm595 cm7
670 cm570 cm6
640 cm540 cm5

e) Proba de abdominais
655010
60459
55408
50357
45306
40255

g) Forza flexora
10810
979
868
757
646
535

ANEXO III

Cadro de exclusións médicas

a) Obesidade.

Obesidade superior ó 15 por 100 do peso teórico, obtido este segundo a fórmula:

Peso teórico = (tamaño en cm - 100) x 1.1

b) Exclusións circunstanciais:

Enfermidades ou lesións agudas, activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das funcións policiais. Neste caso poderase, en función do proceso de selección e da natureza da enfermidade, sinalar un novo prazo de recoñecemento.

c) Exclusións definitivas:

1. Ollo e visión.

1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

1.2. Queratomía radial.

1.3. Desprendemento de retina.

1.4. Estrabismo.

1.5. Hemianopsias.

1.6. Discromatipsias.

1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte, de maneira importante, a agudeza visual.

2. Oído e audición.

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios, ou calquera patoloxía que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

3. Outras exclusións.

3.1. Aparello locomotor: alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

3.2. Aparello dixestivo: úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xúizo do tribunal médico, dificulte o desempeño do posto de traballo.

3.3. Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non debendo excede-las cifras en repouso dos 145 mm/hg en presión sitólica, e dos 90 mm/hg en presión diastólica: varices e insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

3.4. Aparello respiratorio: asma bronquial, broncopatía crónica obstructiva, ou pneumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

3.5. Sistema nervioso: epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcolismo, toxicomanía, e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

3.6. Pel e faneras: psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

3.7. Outros procesos patolóxicos: diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, neoplasias, psicose e calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

O tribunal médico poderá requirir dos opositores a presentación de calquera tipo de análise ou calquera outra proba diagnóstica que considere necesarias.

Tribunal médico. Para o recoñecemento dos opositores constituirase un tribunal médico que estará integrado por tres facultativos designados pola alcaldía.

Sarria, 16 de maio de 1996.

O alcalde

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273