Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A alcaldía-delegada para a área de urbanismo dictou a seguinte providencia:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a apertura da rúa Pérez Porto, que afecta á casa nº 2 da rúa Marqués de Figueroa.

2. Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa, e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais ós que neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do concello da Coruña, de luns a venres, de 12.30 a 14 horas, e presentar cantas alegacións estimen oportunas para defende-los seus dereitos.

Alcaldía da cidade da Coruña, dexaseis de agosto de mil novecentos noventa e seis.

O alcalde

P.D.

5487