Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 82-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: variante aero-Subt. Pasaxe 1 e 2 en Eirís-Monserrat.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, en dobre e triple circuíto, baixo tubo, que parte do apoio metálico que se vai instalar na liña O.C. A Grela-Pasaxe, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, en dobre circuíto ata onde deriva a alimenta-lo C.T. oncolóxico e en triple circuíto desde esta derivación a C.T. que se proxecta denominado Montserrat e outra vez en dobre circuíto ata apoio metálico de paso a aérea no lugar de Pedralonga cunha

lonxitude total de 526 m. Centro de transformación tipo interior de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en edificio Montserrat, tres celas de protección de liñas e unha de protección de trafo en SF6. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-6286