Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 84-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Enderezo social: Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide.

Denominación: L.M.T. Subt. aparcamento da feira. R/ Gaiteiros os Garceiras.

Situación: Melide.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV de 3(1x95) mm Al, de 200 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña Portochao-Melide (Expte. 50886) e percorrido ó longo da Rúa Gaiteiros os Garceiras de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6277