Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 81-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Edif. Avda. Gran Canaria esquina Colombia.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 75 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Colombia-Figueiras (Expte. 24106) e final en C.T. que se vai instalar denominado Avda. Gran Canaria. Centro de transformación tipo interior de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Avda. Gran Canaria, equipado con celas de protección de liñas e de trafo en SF6. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-6279