Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 92-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Edif. Comega en Avda. da Mahia. Bertamiráns.

Situación: Ames.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e en dobre circuíto, de 11 m de lonxitude, con orixe no C.T. denominado Polígono 28 (Expte. 13/1995) e C.T. que se vai instalar denominado Avda. A Mahia-Bertamiráns. Centro de transformación en baixo edificio Comega, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-6280