Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso, procedemento aberto, a obra declarada de urxencia de implantación de novos laboratorios no edificio politécnico de alimentación nas Lagoas-Ourense.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia que se cita:

-Implantación de novos laboratorios no edificio politécnico de alimentación. As Lagoas-Ourense.

Orzamento de licitación: 22.558.564 (vintedous millóns cincocentas cincuenta e oito mil cincocentos sesenta e catro pesetas).

Non se admiten variantes exonómicas.

Prazo de execución: 45 días.

Clasificación requirida: grupo C, subgrupo III, categoría E.

Exposición de proxectos: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifiesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da secretaría xeral desta consellería, Edificio Administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2,

San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentaicón que presentarán os licitadores: a especificada no punto 8 do prego de cláusulas adminsitrativas particulares..

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da dita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do sexto día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

96-6265