Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado das obras de alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín, treito Mougán-Portomarín, fase II río Ferreira-Portomarín. (Clave: N-LU-90.4.3.2.).

Por resolución do 15 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas apróbase tecnicamente o proxecto de trazado das obras de alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín. Treito Mougán-Portomarín, fase II río Ferreira-Portomarín, clave:N-LU.90.4.3.2.

En cumprimento do artigo 15 da Lei de estradas de Galicia, artigos 34 e 35 do Reglamento xeral de estradas, do 2 de setembro de 1994, e artigo 86 da Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común, sométese a información pública o proxecto de trazado aprobado tecnicamente, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín

oficial del Estado, e poderanse formular observacións sobre as condicións que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada ou sobre a concepción global do seu trazado.

Este trámite de información pública é tamén para efectos do cumprimento do previsto no decreto da Xunta de Galicia 442/1990, do 13 de setembro, da avaliación do impacto ambiental para Galicia.

O proxecto e a aprobación técnica deste pódense examinar nas oficinas da Xefatura Provincial, sitas na Ronda da Muralla 131, quinta planta, Lugo, e no concello de Portomarín.

Os escritos formulando observacións ó proxecto, dirixidos a esta xefatura, pódense presentar nas oficinas antes citadas de Lugo ou utilizando calquera das modalidades previstas, na vixente Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Lugo, 29 de xullo de 1996.

José A. Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

6631