Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.370

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1996 pola que se publica a data de celebración do primeiro exercicio da oposición para telefonista do Parlamento de Galicia (convocatoria e bases publicadas no DOG nº 57, do 20 de marzo de 1996).

Cumpridos os trámites pertinentes, esta presidencia adoptou a seguinte,

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Convócanse os aspirantes a ocupa-lo posto de telefonista do Parlamento de Galicia a prover por oposición libre entre minusválidos para a celebración do primeiro exercicio da oposición que terá lugar o 30 de setembro de 1996 ás 17 horas nas dependencia do Pazo do Parlamento de Galicia.

Segundo.-A proba realizarase por escrito mediante a utilización do método que proceda en función da minusvalidez do aspirante.

Terceiro.-A orde de actuación queda fixada na letra Z.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

6630