Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 12/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da subministración dun sistema de monitorización en rede para a UCI.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño ), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: subministración dun sistema de monitorización en rede para a UCI.

Orzamento: 27.O00.000 de ptas. (vintesete millóns de ptas.).

Prazo de execución: antes de 30 días, a partires da comunicación da adxudicación.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 12/96, tramitado con carácter urxente.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: entrega de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

Fianza provisional: 2% do orzamento total.

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado 5 puntos.

2 Calidade dos materiais3 puntos.

3 Prazo de entrega 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de lúns a venres. (Tlfno. (986) 86-23-63 e fax. (986) 84-79-41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 26 de agosto de 1996.

Juan J. Fernández Ramos

Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón

6540