Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de agosto de 1996, da Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cesar-Barciela (Santiago de Compostela-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Cesar-Barciela (Santiago de Compostela-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 472/1987, do 3 de decembro, (DOG nº 3, do 6 de xaneiro de 1988).

Primeiro.-O 2 de xullo de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Cesar-Barciela (Santiago de Compostela-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello de Santiago de Compostela, e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes; os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teña que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 2 de agosto de 1996.

Rodolfo Rodríguez González

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

6539