A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño ), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:
Obxecto e orzamento:
Contratación de: subministración de camas para a UCI e dotación de cabeceiro para a UCI.
Orzamento: 4.119.000 ptas. (catro millóns cento dezanova mil ptas.).
Prazo de execución: antes de 30 días, a partir da comunicación da adxudicación.
Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 12/1996, tramitado con carácter urxente.
Admisión de variantes: admítense variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.
Solvencia técnica: entrega de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.
Fianza provisional: 2% do orzamento total.
Criterios de adxudicación:
Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación
1Prezo ofertado 5 puntos.
2 Calidade dos materiais3 puntos.
3 Prazo de entrega 2 puntos.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de lúns a venres. (Tlfno. (986) 86-23-63 e fax. (986) 84-79-41).
Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 26 de agosto de 1996.
Juan J. Fernández Ramos
Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón
5527