Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (65/1995).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 0065/1996, séguese procedemento executivo letras de cambio, por instancia de Banco Zaragozano, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Andrés Pampín Casal, domiciliado en Laberco (Arzúa), por reclamación de cantidade, e nos devanditos autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se describirán polo miúdo:

Os bens saen a licitación en lotes.

A poxa terá lugar o vindeiro día catorce de outubro ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo, número 45, baixo as condicións seguintes:

1º. O tipo de remate será o do valor que se lle deu ós bens sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2º. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina 1475, conta de consignacións número 1510-000-17, a favor do expediente executivo nº 00065/1995.

3º. Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4º. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante que acredite o ingreso do importe indicado no punto nº 2.

5º. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día quince de novembro, ás dez horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a devandita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día dezaseis de decembro, tamén ás dez horas; para elas rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular no caso de non poder ser notificados na súa persoa, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Arzúa o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada

Rubricado

A secretaria

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa:

1. Terceira parte indivisa do predio denominado Río Vello, de dezaseis áreas, setenta centiáreas, sita na parroquia e concello de Arzúa, que linda: norte, camiño; sur, predio Río Vello dos irmáns Juan Andrés, Manuel e Ramón Pampín Casal e parcela segregada de María Eugenia Casal Rodríguez; leste, irmáns dae Cándido Moscoso e, en parte, maría Eugenia Casal Rodríguez; oeste, irmáns de Jesús Costoya Ponte.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 375, libro 93, folio 153, predio 12.579.

-Valor da terceira parte indivisa: 5.422.667 pesetas.

2. Terceira parte indivisa do predio denominado Laberco, urbana sita na parroquia e concello de Arzúa, de 13 áreas e 80 centiáreas. Linda: norte, camiño; sur, predio matriz, leste, camiño; oeste, irmáns de Pampín.

Inscrita no Rexistro da propiedade de Arzúa, no tomo 376, libro 94, folio 40, predio 13.106.

-Valor da terceira parte indivisa: 2.345.000 pesetas.

3. Metade indivisa do predio denominado Paxe de Abaixo, monte e prado de dúas hectáreas, trinta e seis áreas e vintenove centiáreas. Linda: norte, camiño a Chousas de Paxe; sur, Manuel Camino; leste, Gerardo García Meijide; oeste, Serafín Conde, Manuel Camiño e outros.

Inscrita no Rexistro da propiedade de Arzúa, no tomo 495, libro 119, folio 94, predio 16.721.

-Valor da metade indivisa: 5.907.250 pesetas.

6511