Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo (Xefatura de Estradas), pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de trazado das obras da variante de Viveiro, estrada C-649 a C-642. (Clave: N-LU-90.6).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas con data 14 de xaneiro de 1993 aprobouse tecnicamente o proxecto de referencia, ordenándoselle á Xefatura Provincial de Estradas de Lugo a incoación do correspondente expediente de información pública.

Por Resolución de 28 de xaneiro de 1993, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo someteuse a información pública o devandito proxecto.

Con data 3 de xaneiro de 1995 remitiuse á Dirección Xeral de Obras Públicas informe-propuesta da aprobación definitiva do proxecto.

Non obstante, previamente a este acto administrativo ten que se someter a información pública o estudio de efectos ambientais.

Polo tanto, en cumprimiento do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de medio ambiente sométese a información pública o estudio informativo de efectos ambientais contido no anexo nº16 da memoria do proxecto, para tal efecto poderase examinar este na Delegación Provincial de Lugo, nas oficinas da Comisión de Medio Ambiente de Lugo e no Concello de Viveiro, durante un período de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os escritos formulando observacións ó estudio informativo poderán presentarse nas oficinas citadas ou utilizando calquera das modalidades pre

vistas na Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de xullo de 1996.

José A. Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

6507