Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.299

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 2 de setembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 30 de xullo de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 30 de xullo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 155, do 8 de agosto de 1996), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

1. Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 30 de xullo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 155, do 8 de agosto de 1996).

2. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

3. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidas ós interesados. Nos supostos da baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

4. O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

5. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recur

so contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3277664235 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Maestro Castiñeiras, José Luis.

Código: OT.C04.00.005.15770.003

Denominación do posto de traballo: Servicio de Apoio Técnico.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. xeral/especial.

Nivel: 28

Específico: 1.639.104

6505