Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-6-996, subscrito en representación da parte económica Transviac, Asociación de Empresas de Transportes de Viaxeiros, Asociación Discrecional de Viaxeiros e Transgacar, e, da parte social por CIG, CC.OO. e UXT, o día 14-6-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xuño de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña. Anos 1996-1997.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación para tódalas empresas e trabajadores do transporte de viaxeiros en autobuses por estrada na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia.

Terá una duración desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997. Se ninguna das partes o denunciara coa antelación mínima dun mes,

á data da súa expiración, prorrogarase tacitamente por un ano. A dita prórroga do convenio levará consigo o incremento de tódolos conceptos económicos pactados equivalente ó IPC dos doce meses anteriores máis un punto.

Unha vez producida a denuncia, manterá a vixencia o seu contido normativo, integramente, ata o asinamento dun novo convenio. Non obstante, para favorece-lo interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á de vixencia normal do convenio.

Artigo 3º.-Respecto e dereitos.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos que os concedidos por este convenio.

Tódolos conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable, polo que tal garantía non pode ser afectada por pacto ou renuncia de calquera tipo, cos demais efectos e durante os períodos establecidos no artigo 2º.

Artigo 4º.-Táboas salariais.

A partir do 1 de xaneiro de 1996 establécense, como mínimas as retribucións que figuran no anexo I, denominado táboas salariais.

O incremento salarial cuantificase para 1996 nun 4,2%, resultante do incremento do IPC previsto nos cadros macroeconómicos previstos polo Goberno nun 0'7%.

O incremento salarial para 1997 cuantifícase na porcentaxe de IPC que prevexa a autoridad competente nos cadros macroeconómicos para o dictame, incrementado nun 0'7%.

Artigo 5º.-Revisión salarial.

Unha vez publicado o IPC (índice de prezos ó consumo) real establecido polo INE para o conxunto do ano 1996, se este superase o IPC previsto para o dito ano, efectuarase automaticamente unha revisión salarial tan pronto se constate, oficialmente, esta circunstancia, na contía que garanta un diferencial de 0'7% entre o IPC real do ano e a porcentaxe de incremento do convenio para este ano.

Tal incremento abóase con efectos do 1 de xaneiro de 1996, e para levalo a cabo, tomaranse, como referencias, os salarios as táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados para 1996. Exceptúase da posible revisión, o artigo 9.

Idéntica fórmula, en canto ós parámetros utilizados, será de aplicación para o segundo ano de vixencia do convenio.

As cantidades resultantes aboaranse na nómina do mes seguinte de constatación oficial do índice motivador da revisión.

Así mesmo, as diferencias salariais correspondentes á aplicación deste convenio desde o mes de

xaneiro de 1996, aboaranse, en dous pagamentos, nas nóminas dos dous meses seguientes á súa publicación no boletín oficial da provincia.

Artigo 6º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coa siguiente táboa: ós dous anos, o 5%; ós catro anos, o 10%; ós nove anos, o 20%; ós 14 anos, o 30%; ós 19 anos, o 40%; ós 24 anos, o 50% e ós 29 anos o 60%.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres gratificacións extraordinarias, que se denominarán de verán, de Nadal e beneficios, as cales se percibirán nos meses de xullo, decembro e marzo, na contía de 30 días de salario base e antigüidade das táboas salariais adxuntas.

Artigo 8º.-Plus convenio.

As empresas aboarán un plus de cincuenta e catro mil duascentas cincuenta e unha pesetas (54.251) anuais, repartidas en 12 mensualidades de cuatro mil cincocentas vinteunha pesetas (4.521).

Artigo 9º.-Plus consolidado.

Os traballadores que á sinatura do presente convenio viñesen percibiendo o plus de acumulación de descansos, e reducción do de entre xornadas, establecido no artigo 12 do convenio colectivo de 1984, seguirán percibindo, a título individual, a contía de 153 pesetas (cento cincuenta e tres pesetas) por cada día de traballo.

O incremento salarial que procedería, pasará a integrarse no plus do convenio.

As empresas que no futuro fagan uso da facultade establecida no artigo 7-1 do Real decreto 1561/1995, aboaránlle-lo dito plus a título individual ós traballadores afectados, e durante o tempo en que dure a dita situación.

Artigo 10º.-Plus de conductor perceptor.

O conductor perceptor, cando realice simultaneamente ámbalas funcións, percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial de posto de traballo, igual ó vinte por cento do seu salario base, por cada día que realice ámbalas funcións.

Artigo 11º.-Quebrantamento de moeda.

A gratificación especial por quebrantamento de moeda queda establecida en 2.991 ptas. (dúas mil novecentas noventa e unha pesetas), e a contía estipulada percibirase mensualmente, rateada por cada día de asistencia ó traballo.

Artigo 12º.-Plus de compensación.

Establécese un plus de compensación para os administrativos, inspectores e persoal de taller que non tivese outros pluses ou gratificacións, excepto o plus convenio ou o plus consolidado, por importe de mil cincocentas pesetas (1.500) o primeiro ano

e dúas mil cincocentas pesetas (2.500) o segundo ano de vixencia do convenio.

Artigo 13º.-Axudas de custos.

As axudas de custo que lles corresponden ós traballadores nos seus desprazamentos, ó servicio das empresas, serán de 3.629 pesetas (tres mil seiscentas vintenove pesetas), sen distinción de categorías. A chamada media axuda de custos, ou axuda de xantar, fíxase en 1.210 pesetas (mil duascentas dez pesetas), e corresponden á pernoctación 1.210 pesetas (mil duascentas dez pesetas).

Fóra de Galicia, será de 4.584 (catro mil cincocentas oitenta e catro pesetas), axuda de custos completa, e 1.528 (mil cincocentas vinteoito pesetas) a media axuda.

En caso de destacamento aplicarase a reducción que sinala a ordenanza laboral de transporte.

Dará dereito a percibi-la axuda de custos completa a realización dun servicio que obrigue o traballador a comer, cenar e pernoctar fóra da súa residencia habitual.

A parte de axuda de custos correspondente á cea percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia habitual, ou, en todo caso, cando o productor saia antes das 20 horas e regrese despois das 22.

A parte de axuda de custos correspondente á pernoctación percibirase cando o servicio realizado obrigue a pernoctar e almorzar fóra da residencia habitual, e en todo caso, cando por tal motivo o regreso se efectúe despois das cero horas.

A parte de axuda de custos correspondente ó xantar percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o productor saia antes das 12 horas e retorne despois das 14 horas.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Serán aboadas cun incremento que en ningún caso será inferior ó 50% sobre o importe da hora ordinaria.

Dadas as especiais características do sector, denominaranse horas extraordinarias estructurais, aquelas horas extraordinarias a que se fai referencia no artigo 1 da O.m. 1/3/85, para os efectos do artigo 7 do Real decreto 46/1984, do 4 de xaneiro.

A opción de compensa-las horas extraordinarias traballadas por tempo de descanso realizarase por mutuo acordo de empresa e traballador.

Artigo 15º.-Denominación do traballo.

A) Traballo efectivo. Considerarase traballo efectivo o tempo que media desde que os traballadores se fan cargo do cometido que deben efectuar no seu centro de traballo, ata que cesen nel.

Para os fins do presente convenio será traballo efectivo para o persoal de movemento:

1. A conducción durante a circulación do vehículo.

2. Os traballos auxiliares que se efectúen en relación co vehículo, os seus pasaxeiros ou a súa carga.

B) Tempo de presencia. Será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se encontre a disposición da empresa, tanto nos locais, como no vehículo.

Terán a consideración de tempo de presencia, en relación co disposto no artigo 8 do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, as gardas, reténs, expectativas, avarías, comidas en ruta e outras similares nas que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se encontre a disposición da empresa.

O tempo de presencia non excederá de quince horas semanais.

As horas de presencia no se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía que as horas ordinarias. Poderán, non obstante, computarse para efectos de xornada cando se realicen menos horas de traballo efectivo que as legalmente autorizadas; neste caso, poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

C) Tempo de espera e axuda de custos de espera. Terá a consideración de tempo de espera, aquel en que o traballador no está suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin de traxecto.

A primeira hora de cada xornada computarase pola súa totalidade e o resto ó cincuenta por cento, e aboaranse como tempo de presencia.

Considerarase que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, cando poida dispoñer libremente do seu tempo, por non estar a disposición da empresa.

As esperas en localidades de principio e fin de traxecto, fóra da residencia do traballador, ou do lugar da súa toma habitual de servicio, non computarán para efectos de xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presencia. Polo dito tempo, exceptuando o de comida, cea e pernocta, aboarase unha axuda de custos de espera de 224 pesetas (duascentas vintecatro pesetas) hora.

Artigo 16º.-Xornada e descanso.

a) A xornada anual será de 1.826,27 (mil oitocentas vintiseis horas e vintesete minutos), en cómputo anual, sendo en cómputo semanal de 40 horas e tendo a consideración de extraordinarias aquelas horas de traballo efectivo que superen as nove horas diarias.

b) As empresas estarán obrigadas a organiza-los seus servicios, de forma tal, que o persoal descanse de acordo coa lexislación vixente.

c) O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias.

d) A xornada diaria máxima será de once horas cando comprenda situacións de traballo efectivo, máis tempo de presencia, exceptuando os percorridos de longa distancia, cando o servicio requira a estancia no vehículo de máis dun conductor.

e) Nos transportes interurbanos, ningún traballador poderá conducir de forma ininterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, salvo que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de trinta minutos, sendo susceptibles de fraccionamento, ó longo do tempo de conducción.

En tódalas situacións en que se superen os topes máximos de xornada, como de presencia, comunicaráselles tal circunstancia ó comité de empresa ou ós delegados de persoal.

Artigo 17.-Vacacións.

Regúlanse de conformidade co establecido no Art. 38 do Estatuto dos traballadores, publicado no BOE do 29-3-1995.

O período total de desfrute das vacacións será de trinta días naturais e non poderán experimentar un fraccionamento superior a dous períodos. En caso de desacordo decidirá a xurisdicción competente.

Durante os períodos de vacacións o salario dos conductores-perceptores estará composto dos mesmos conceptos que se estivese traballando, en concreto, soldo base, antigüidade, plus conductor-perceptor, plus convenio, plus de acumulación de descansos (se procede) e quebrantamento de moeda.

Os restantes traballadores percibirán salario base, antigüidade, máis os complementos ós que teñan dereito e perciban mensualmente.

Artigo 18º.-Xubilación.

A idade de xubilación legal (hoxe ós 65 anos), sempre que conte cunha antigüidade mínima de dez anos de servicio á empresa, o traballador percibirá desta unha gratificación equivalente a 5.221 pesetas (cinco mil duascentas vinteunha pesetas) por ano de servicio, en concepto de xubilación.

En caso de xubilación voluntaria anticipada, percibirá unha gratificación segundo a contía seguinte: un ano antes, 237.503 pesetas; dous anos antes, 479.070 pesetas; tres anos antes, 718.628 pesetas; catro anos antes, 965.170 pesetas e cinco anos antes, 1.197.918 pesetas.

As empresas acolleranse ó disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, sobre xubilación especial anticipada ós 64 anos, contratando un novo traballador en lugar do que se acolla a este dereito e nas mesmas condicións que determina o citado Real decreto, coa finalidade de colaborar no fomento do emprego.

A xubilación será forzosa para o persoal de movemento ó cumpri-lo traballador os 65 anos, sempre que reúna os requisitos esixidos pola Seguridade Social sobre períodos de carencia, en atención ás melloras e condicións pactadas neste convenio.

Para o resto do persoal, o carácter forzoso da xubilación darase sempre e cando non exista pacto en contrario entre o traballador e a empresa.

Artigo 19º.-Permiso de conducción.

Se por sentencia firme, calquera conductor se vise privado do permiso de conducción, a empresa deberá facilitarlle outra ocupación, aínda que sexa de categoría profesional inferior, polo período de suspensión do permiso, sempre que non exceda de catorce meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo, e que no sexa debida a embriaguez.

En caso de que o período de suspensión do permiso de conducir sexa superior ós catorce meses, e sempre que a retirada non sexa debida a embriaguez, o traballador con máis de dous anos de antigüidade terá dereito, por unha soa vez, a unha excedencia non remunerada, por todo o tempo en que dure a suspensión, se é o caso, ata que, legalmente, poida incorporarse ó posto de traballo que estaba desempeñando habitualmente, e desde o momento en que esta se produza, sendo o límite máximo da dita excedencia o que marque a lexislación para a contratación temporal.

Así mesmo aplicaranse as garantías que se indican anteriormente, no caso de conducción «in itinere» cun máximo dunha hora antes e outra despois da hora de entrada ou saída ó traballo, incluso conducindo o seu vehículo propio.

Artigo 20º.-Poliza de seguros.

Establécese unha póliza de seguros de morte ou invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, para cada un dos traballadores ós que afecta o presente convenio, consistente na contía de 1.534.223 pesetas (un millón cincocentas trinta e catro mil duascentas vintetrés pesetas) en caso de morte por accidente, e de 3.069.743 pesetas (tres millóns sesenta e nove mil setecentas corenta e tres pesetas) en caso de invalidez permanente para exerce-la súa ocupación habitual.

Estas contías producirán efecto a partir do 1 de setembro de 1996.

Artigo 21º.-Defunción.

As empresas aboaranlle, durante 1996, tres mensualidades dos salarios que figuran na táboa do convenio, máis a antigüidade correspondente ó familiar do traballador que con el conviva, e por esta orde: 1) cónxuxe viúvo, 2) fillos, 3) ascendentes, cando aquel faleza estando en activo e leve, como mínimo, tres anos de servicio na empresa.

A contía desta axuda será de catro mensualidades no ano 1997.

Independentemente das mensualidades a que ten dereito segundo o sinalado anteriormente, aboaráselle ó dito familiar do traballador o salario do mes no que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu óbito.

Artigo 22º.-Pases para xubilados.

Os xubilados, pensionistas de longa enfermidade, viúvas e fillos orfos menores de 18 anos, dos traballadores falecidos en activo, das empresas de liñas regulares, terán dereito a viaxar nas liñas das súas respectivas empresas como se o traballador estivese en activo.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do pactado no convenio, composta por catro membros en representación dos traballadores e o mesmo número de representantes das empresas, todos eles vocais escollidos por cada parte.

Tamén formarán parte del, con voz pero sen voto, os asesores correspondentes a ámbalas partes.

No caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros designados, serán substituídos polos suplentes.

A comisión reunirase cando sexa necesario e a petición de calquera das partes. Os compoñentes da comisión paritaria serán convocados cunha antelación mínima de 3 días.

Para efectos da comisión paritaria as horas sindicais consideraranse co mesmo rango que as utilizadas para a negociación colectiva.

Os acordos da comisión requirirán para a súa validez a conformidade da maioría simple dos vocais de cada unha das representacións. No caso de non haber acordo, levantarase acta que reflicta as diferentes ofertas, remitindo copia dela á autoridade laboral competente, para que emita a correspondente resolución.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación de tódalas cláusulas do convenio.

b) Arbitraxe de tódalas cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio.

c) Vixilancia do cumprimento do pactado no convenio.

d) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Para tódolos efectos fíxase o domicilio da comisión na rúa Rafael Alberti, 8, 1º, A Coruña.

Artigo 24º.-Garantías sindicais.

A) Seccións sindicais de empresa.

Recoñécense as seccións sindicais de empresa cando o número de afiliados a cada central respectiva alcance o 20% do total do cadro de persoal, podendo, en tal caso, facer uso do taboleiro de anuncios para difundi-la información, exclusivamente co persoal das empresas e fóra das horas de traballo. Para todo iso, deberá comunicarllo cunha antelación mínima de 48 horas á dirección da empresa e ó comité de empresa.

Isto sen prexuízo das facultades que ás seccións sindicais lles poidan outorga-las disposicións legais.

B) Os membros do comité de empresa e delegados de persoal, en cada centro de traballo, disporán dun crédito de 15 horas mensuais, como mínimo, dentro da xornada, para o exercicio das súas funcións de representación, sempre que o soliciten con 48 horas de anticipación.

A empresa poderá esixir xustificante da utilización concedida, ben do comité ou da central convocante. Estes dereitos serán aplicados en caso de que, por disposición legal, así se determine.

As empresas que revistan a forma de sociedades daranlle conta, anualmente, ó comité de empresa ou delegados de persoal, do balance e conta de resultados.

O recoñecemento dos ditos documentos será, para tódolos efectos, de carácter reservado.

A dirección da empresa daralles conta ó comité ou delegados de persoal de tódalas sancións ou despedimentos.

A empresa, a petición dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten, polo menos, cun 10% de afiliados nela, descontarán a cota sindical correspondente do recibo dos salarios, depositándoa na conta bancaria sinalada para o efecto.

C) Excedencias.

Amplíase o dereito a solicitar excedencia voluntaria que regula a ordenanza laboral, calquera que sexa o tempo que leve o traballador na empresa, cando se basee no exercicio do seu cargo sindical.

D) Comité de seguridade e hixene.

Nas empresas de máis de 50 traballadores, estes deberán elixir un comité de seguridade e hixene, sendo o comité de empresa ou os delegados de persoal os que terán que ocuparse da súa tramitación.

E) As empresas poderán pactar cos seus comités de empresa ou delegados de persoal a acumulación de horas sindicais.

O crédito horario retribuído de que gozan os delegados de persoal e membros do comité de empresa, dunha mesma empresa, poderá acumularse nun ou en varios deles, sempre que pertenzan a unha mesma central sindical, aínda que iso permita liberar da

súa actividade laboral, total ou parcialmente, a calquera deles.

O acordo de acumulación será pactado, en cada caso, a nivel de empresa entre o representante do sindicato e o da empresa e a designación da persoa ou persoas ás que se lles aplicará a acumulación de horas derivadas do crédito horario será facultade exclusiva do sindicato de que se trate, o cal lle comunicará a súa decisión ó respecto á empresa.

Artigo 25º.-Permiso retribuído.

Os permisos retribuídos regúlanse polo disposto no Art. 37 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores desfrutarán dun día de permiso retribuído que se poderá acumular unha vez ó ano ós permisos legalmente establecidos no artigo 37, parágrafo 3º a), b) e c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Incapacidade laboral transitoria.

Cando o traballador fose afectado por incapacidade laboral transitoria, as empresas complementarán as prestacións económicas que teña dereito a percibir da Seguridade Social nos seguintes supostos:

1. Cando a ILT derive de accidente de traballo, a empresa aboará un 10% da base de cotización diaria para esta continxencia, desde o primeiro día e ata un máximo de setenta días.

2. Cando a ILT derive de enfermidade común, a empresa aboará un 10% da base diaria de cotización a partir do cuarto día e ata un máximo de setenta días.

3. Cando sexa precisa a hospitalización do traballador, tanto se se debe a enfermidade ou accidente, a empresa aboará un 15% da base diaria de cotización, desde o momento en que esta se produza e mentres a hospitalización dure, cun máximo de noventa días.

Tales complementos unicamente se percibirán nun proceso de ILT durante toda a vixencia do convenio.

As empresas, de acordo co establecido no artigo 20 do Estatuto dos traballadores, poderán verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador mediante o oportuno recoñecemento médico.

Artigo 27º.-Indivisibilidade do convenio.

O convenio considerarase un todo indivisible, de maneira que, se non fose aprobado na súa integridade, quedará anulado, debendo as partes negociar outro novo.

Artigo 28º.-Normas supletorias.

En todo aquilo que non figure regulado polo presente convenio, aplicarase o Estatuto dos traballadores, o Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, o convenio da OIT número 153 e o Regulamento

da CEE número 3820/1985 e demais lexislación vixente.

Ámbalas partes reservan para si o dereito de acudiren á xurisdicción laboral en caso de que consideren que algún precepto do convenio vulnere ou contradiga normas de dereito necesario.

Artigo 29º.-Modalidades de contratación.

Complementando a normativa vixente na materia establécense as siguientes modificacións nela:

A) Contrato de aprendizaxe.

Poderán efectuarse contratos de aprendizaxe para tódalas categorías profesionais en que legalmente sexa posible, excepto para mozos de garaxe e taller.

Poderanse celebrar estes contratos con traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vintetrés.

O salario de contratación será igual ó 85%, 90% e 100% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro, segundo e terceiro ano de vixencia do contrato.

B) Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% ou do 95% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro ou segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contratos de longa duración. Contrato de duración determinada por circunstancias do mercado.

As partes asinantes do convenio constatan a existencia dun ciclo económico estatal levemente expansivo, o que esperan que se traducirá nun certo crecemento xeral do mercado.

No anterior inciden unhas especiais circunstancias propias do sector, derivadas da progresiva liberalización del a nivel U.E. o que facilita a actuación das empresas españolas no territorio comunitario, pero ó mesmo tempo prodúcese a competencia de empresas comunitarias dentro do noso propio mercado nacional.

Polo que respecta a Galicia, concorre tamén un esperado aumento do nivel de actividade no sector derivado, entre outras circunstancias, dos plans sobre transporte ferroviario (amortización de liñas) e do esperado incremento do turismo no momento actual e nos próximos anos, con motivo de eventos tales como o Xacobeo 99 e otros.

Todo o anterior provoca a necesidade de adecua-los parámetros da xestión empresarial, incluído o laboral, no sector de transporte de viaxeiros en autobuses por estrada, co obxecto de aproveitar ó máximo as vantaxes das actuais circunstancias de mercado para mellora-la cota de incidencia nel, achegando, no aspecto laboral, unha maior estabilidade no emprego; a maior estabilidade nel propiciará o incremento da profesionalidade do persoal ó mesmo tempo que eliminará, no posible, a pre

cariedade laboral derivada da contratación temporal de ciclo curto.

* En consecuencia.

De conformidade co establecido no Art. 15.1º B) do Estatuto dos traballadores para unha menor precarización do emprego, e buscando aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego que se derivan do actual ciclo de mercado, o contrato por circunstancias do mercado, a que se refiere o dito artigo, poderá celebrarse por períodos que, un a un ou en conxunto, non superen os cinco anos dentro dun ciclo de 6 anos, sendo a súa duración mínima inicial dun ano e a das prórrogas subseguintes, de polo menos seis meses. Se non se concertase expresamente a súa prórroga, á terminación do contrato inicial ou dalguna das prórrogas, e o traballador continuase prestando servicios na empresa, entenderase o contrato prorrogado ata o límite máximo de 5 anos.

O seu réxime xurídico, excepto no regulado no presente artigo, será equivalente ó do contrato por tempo indefinido en canto ó desfrute de beneficios salariais, (antigüidade, réximes de complementos) e non salariais (permisos, licencias, indemnización de 45 días por ano de servicio no caso de despedimento disciplinario declarado improcedente, etc.).

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción, con esixencia de preaviso escrito con, polo menos, quince días de antelación, fixando unha indemnización para o traballador de conformidade coa siguiente escala:

* Se a extinción se produce nos dous primeiros anos de contrato, 12 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano;

* Se se produce transcorridos dous anos e ata o termo de vixencia de catro anos, 15 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano;

* Se se produce transcorridos catro anos e ata o termo da súa vixencia de cinco anos, 20 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano.

No supuesto de non producirse a extinción, logo do correspondente preaviso, á terminación da vixencia máxima del (5 anos), se o traballador segue prestándolle servicios á empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato só se poderá celebra-la xornada completa e no seu texto deberá figurar unha referencia expresa ó presente artigo. As partes comprométense a lles recomendar ós seus afiliados a utilización deste tipo de contrato de longa duración, sempre que resulte aplicable, en lugar doutras modalidades de contratación temporal actualmente en vigor.

Independentemente da vixencia pactada para o resto do convenio, o presente artigo terá unha vixencia de seis anos.

Artigo 30º.-Mobilidade xeográfica.

A) Desprazamento. As empresas poderán desprazar ó seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

B) Traslado. Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo de novo destino diste a máis de 40 Km do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos previstos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA.

-Preaviso de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a doce meses nun período de tres anos.

-Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo polo traballador trasladado dos siguientes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, roupa e enxoval do seu fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia de custo de vivenda en alugueiro (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, e cun máximo de 12 mensualidades.

Argigo 31º.-Cláusula de desvinculacións salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os siguientes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores e en comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante os mesmos se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período para o que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

-Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Cláusula de acollida ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UXT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas. Igualmente acordan asumir, respecto a conflictos individuais, o AGA II, a partir do momento da súa sinatura.

Disposición adicional

Cando se realicen cursos de formación profesional continua, e voluntariamente os realicen os traballadores, logo da autorización da empresa, o tempo empregado na duración deles, será repartido o 50% en horas de traballo e o outro 50% en horas de descanso do traballador.

Rubricado

Táboas salariais convenio transporte viaxeiros 1996-1997

RETRIBUCIÓNS PARA 1996-1997

CategoríasDiariaMensualAnual (*)

Xefe de administación 1ª99.3421.544.382
Xefe de administación 2ª91.8981.432.722

RETRIBUCIÓNS PARA 1996-1997

CategoríasDiariaMensualAnual (*)

Vendedores de billetes83.6341.308.762
Factores83.6341.308.762
Xefe de tráfico de 1ª92.1151.435.977
Xefe de tráfico de 2ª89.0011.389.267
Xefe de tráfico de 3ª84.1061.315.842
Inspector29211.382.307
Conductor preceptor2.8811.365.107
Conductor2.8591.355.097
Cobrador2.7931.325.067
Repartidor mozo2.7501.305.502
Conductor furgoneta2.7981.327.342
Xefe de servicios115.0071.779.357
Inspector principal106.3841.649.982
Enxeñeiros e licenciados108.3741.697.862
Enxeñeiros técnicos-Aux. titulados93.5061.456.842
Axudante técnico sanitario90.8821.417.482
Xefe de sección96.2191.497.537
Xefe de negociado93.1091.450.887
Oficial 1ª administrativo88.4791.381.437
Oficial 2ª administación85.8661.342.242
Auxiliar administrativo82.3071.288.857
Garda de noite2.7501.305.502
Garda de día2.7011.283.207
Limpador (salario hora)309
Xefe de taller102.8661.597.242
Encargado90.9411.417.962
Xefe de equipo2.9231.384.217
Oficial 1ª de taller2.8861.367.382
Oficial 2ª e 3ª de taller2.7931.325.067
Engraxador e lavacoches2.7931.325.067
Mozo garaxe e taller2.7501.305.502

(*) Salario base + Plus convenio.

6537