Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.267

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de agosto de 1996 pola que se establecen as normas de control das capturas pesqueiras na fase da primeira venda.

O Regulamento (CEE) nº 2847/93, do Consello, de 12 de outubro de 1993, polo que se establece un réxime de control aplicable á política pesqueira común, introduce no seu título II, «control de capturas», artigo 9, a obrigación de que as lonxas ou outros organismos autorizados polos estados membros, encargados da primeira comercialización dos productos da pesca desembarcados nun Estado membro presenten na primeira venda unha nota de vendas, da exactitude da cal serán responsables os citados organismos, ante as autoridades competentes do Estado membro no territorio do cal se efectúe a primeira comercialización. No citado regulamento especifícanse os datos mínimos que deben incluí-las notas de venda, que deberán remitirse nun prazo de 48 horas despois da venda á autoridade competente ou a outros organismos autorizados polo Estado membro, en soporte informático ou en papel.

Tamén se especifica a necesidade de que tódolos productos pesqueiros desembarcados ou importados na Comunidade que se transporten para a primeira comercialización a un lugar distinto do desembarque ou importación, vaian provistos dun documento de transporte ata que se efectúe a primeira venda.

Este regulamento trasladase parcialmente á lexislación nacional mediante o Real decreto 1998/1995, do 7 de decembro, polo que se dictan as normas para o control da primeira venda dos productos pesqueiros, co obxecto de establece-la normativa básica en materia de ordenación do sector pesqueiro que atribúe ó Estado o artigo 149.1.19ª da Constitución, polo que corresponde agora á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento normativo e a execución nesta materia.

De acordo co anteriormente disposto, logo da consulta ás autoridades portuarias e ós sectores pesqueiro e comercializador afectados, e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O obxecto e o ámbito da presente orde é o definido polo Real decreto 1998/1995, de 7 de decembro, polo que se dictan as normas para o control da primeira venda dos productos pesqueiros.

Artigo 2º

Para os efectos do disposto no punto 1 do artigo 3 do Real decreto 1998/1995, as lonxas pesqueiras ou outros establecementos que pretendan realiza-la primeira venda dos productos pesqueiros frescos deberán ser autorizados pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e deberán figurar no Rexistro Galego de Empresas Halioalimentarias, na súa sección

terceira: lonxas e centros de expedición en orixe, creado por Decreto da Xunta de Galicia 420/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de rexistros de buques e de empresas halioalimentarias.

Artigo 3º

Os productos pesqueiros conxelados deberán ser desembarcados nos lugares destinados para o efecto polas autoridades portuarias.

Para os efectos do disposto no punto 2 do artigo 3 do Real decreto 1998/1995, consideraranse establecementos autorizados para a primeira comercialización dos productos pesqueiros conxelados, aqueles que figuren nos rexistros de empresas halioalimentarias, seccións segunda: empresas, establecementos e industrias halioalimentarias, e terceira: lonxas e centros de expedición en orixe.

Artigo 4º

Os responsables da explotación da lonxa ou do establecemento autorizado a que se fai referencia nos artigos anteriores remitirán á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a información contida nas notas de venda de acordo cos formatos de ficheiros que se publican como anexo I á presente orde, nos prazos que se especifican no Real decreto 1998/1995, por vía telemática a través do Servicio de Información Pesqueira, ó Servicio de Planificación e Sistemas de Información, habilitado para este fin pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, mediante unha destas dúas opcións:

-No caso de entidades e organismos, dependentes da Xunta e, se é o caso, os diferentes organismos que se adhiran a través dos correspondentes acordos e convenios, mediante conexión á Rede Privada de Transmisión de Datos para a Administración, creada en virtude do convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A..

-No resto dos casos, mediante transmisión vía moden.

Artigo 5º

1. Salvo nos casos a que se refiren os apartados 2 e 3 do presente artigo, para realiza-lo transporte dos productos da pesca en fresco ata a súa primeira venda, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o transportista deberá estar provisto do documento de transporte descrito no artigo 4 do Real decreto 1998/1995, de forma que se poida identifica-lo buque do que procede o producto, ou, no seu caso, da guía de descarga establecida no artigo 11 do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco, do que os seus formatos normalizados aparecen como anexos II e III á presente orde, co requisito adicional, neste último caso, da sinatura do transportista.

2. Cando o transporte dos productos da pesca en fresco se realizase a menos de 20 quilómetros do lugar de desembarque, o transportista deberá estar provisto,

en todo caso, da guía de descarga a que se refire o apartado anterior.

3. Non se exisirá ningún dos documentos anteriormente sinalados cando o citado transporte se realice dentro do recinto portuario.

Disposición transitoria

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura comunicará ós establecementos autorizados a que se refiren os artigos 2 e 3 da presente orde os procedementos concretos de transmisión dos datos a que se refire o artigo 4.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorizase o director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

Os formatos dos ficheiros para a transmisión vía telemática ó Servicio de Información Pesqueira (SIP) da información contida nas notas de venda, por parte das lonxas pesqueiras ou establecementos autorizados para a primeira venda de productos pesqueiros serán:

Productos frescos.

As lonxas ou outros establecementos que realicen a primiera venda de productos pesqueiros frescos deberán transmitir ó Servicio de Información Pesqueira (SIP), vía telemática, a seguinte información:

DescriciónFormatoLonxitude

Data da poxaNúmericoDDMMAAAA8
Número de orde da poxa no díaNúmerico2
Número de orde da nota de venda no anoNúmerico6
NIF/CIF da entidade vendedoraAlfanúmerico12
Matrícula e folio do buque, tal como figura no Rexistro de Buques da conselleríaAlfanúmerico12
Data da poxaNúmericoDDMMAAAA8
Código do porto de desembarco, en formato SIPAlfanúmerico4
Data de desembarcoNúmericoDDMMAAAA8
Código de especie SIPAlfanúmerico8
NIF/CIF do compradorAlfanúmerico12
TamañoAlfanúmerico1,2,3,3a,3b,4,

4a,4b,5,5a,5b

3
PresentaciónAlfanúmericoE=enteiro

D=descabezado

V=eviscerado

1

DescriciónFormatoLonxitude

CalidadeAlfanúmericoE=extra

A

B

1
DestinoAlfanúmericoF=consumo fresco

A=almacenamento

T=transformación

C=conxelación

R=retirada para non

consumo humano

1
Peso neto (kg)Alfanumérico9999999999,9912
Prezo total (Ptas.)Númerico999999999910

O seguinte esquema mostra o formato do ficheiro:

Data de poxa

DDMMAAAA

nº de

poxa

EspecieTamañoCantidadeMatrícula/folio

buque

99999999999999 X99XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX

Nota de

vendaAboa-

mentoPresen-

taciónDestinoCIF entidade

vendedora

CIF compradorData desembarcoPrezo total ptas.

XXXXXXXXXXXXXDDMMAAAA999999999,99999999999999

Porto desembarcoPeso neto kg

A transmisión realizarase mediante un ficheiro de texto ASCII, onde cada liña representará un rexistro. Este ficheiro constará dun rexistro de cabeceira onde se especificará a data da poxa ou poxas ás que corresponde a transmisión, en formato DDMMAAAA. Este deberá ser obrigatoriamente o primeiro rexistro do ficheiro, e só deberá existir un. É dicir, cada ficheiro transmitido deberá corresponder a un único día de poxa.

A continuación aparecerán os rexistros ou liñas correspondentes a cada liña de venda da poxa coa información relacionada anteriormente e na orde indicada no esquema. O campo Cargo/aboamento permitirá a eliminación do sistema de liñas de venda erróneas transmitidas anteriormente. Os rexistros que conteñan cargos, incluirán un 0 (cero) neste campo. Para os aboamentos transmitrase 1 neste campo. A cantidade e prezo serán sempre valores positivos.

Importante: as liñas de venda de aboamentos deben transmitirse cos mesmos valores nos campos, Comprador, Vendedor, Barco, Peso e Importe que as liñas de venda dos cargos correspondentes. O restos dos campos serán ignorados.

Tódolos campos númericos aparecerán aliñados á dereita. Os campos alfanuméricos aparecerán aliñados á esquerda. No caso do Peso neto, a cantiade estará expresada con dous decimais e con punto decimal.

Productos conxelados.

Os establecementos que realicen a primeria venda de productos pesqueiros conxelados deberán transmitir ó Servicio de Información Pesqueira, vía telemática, a seguinte información:

DescriciónFormatoLonxitude

Data da poxaNuméricoDDMMAAAA8
Número de orde da nota de venda no anoNumérico6
NIF/CIF da entidade vendedoraAlfanumérico12
Matrícula e folio do buque, tal como figura no Rexistro de Buques da conselleríaAlfanumérico12

DescriciónFormatoLonxitude

Código do porto de desembarco, en formato SIPAlfanumérico4
Data de desembarcoNuméricoDDMMAAAA8
Código de especie SIPAlfanumérico12
NIFÑ/CIF do compradorAlfanumérico12
TamañoAlfanumérico1,2,3,3a,3b,4,

4a,4b,5,5a,5b

3
DestinoAlfanuméricoA=almacenamento

T=transformación

1
Peso neto (kg)Alfanumérico9999999999,9912
Prezo total (Ptas.)Numérico999999999910

O formato para a transmisión será o mesmo indicado para o caso do peixe fresco, deixando en branco os campos de Número de poxa, Presentación e Calidade.

ANEXO III

Guía de descarga

Lonxa:

Porto de descarga:

Entidade responsable:

1. Identificación do barcoIdentificación do mariscador

Nome: ............................Nome:.............................

Folio: .............................Nª de Permex:.................

Licencia: .......................

Patrón: ...........................

Nª de Permex:.................

2. Última descarga efectuada:

3. Identificación das capturas.

Data de descarga:

Especies descargadasKg

....................................................................................

....................................................................................

....................................................................................

Zona de pesca:

4. Lonxa de destino ou centro de venda:

5. Identificación do transportista e medio de transporte:

Camión:...........................Matrícula: ..................................

Nome do transportista:

En.... o... de... de...

Sinatura e selo da entidade responsable

Asdo: ...........................................

Esta guía só será válida ata a lonxa ou centro de venda onde vaia destinada a mercadoría

6477